Lucio Cornelio Escipión Barbado
Lucio Cornelio Escipión Barbado foi un dos dous cónsules romanos o -298. Levou ao exército romano á vitoria contra os etruscos preto de Volterra. Membro da familia patricia dos escipións, pai de Lucio Cornelio Escipión e avó de Cneo e Publio Cornelio Escipión.
O sarcófago que contén o seu corpo, hoxe no Museo Vaticano, preserva o seu epitafio, unha vella inscrición latina en métrica saturniña. A inscrición reza así:
- CORNELIVS•LVCIVS•SCIPIO•BARBATVS•GNAIVOD•PATRE
- PROGNATVS•FORTIS•VIR•SAPENSQVE—QVOIVS•FORMA•VIRTVTEI•PARISVMA
- FVIT—CONSOL CENSOR•AIDILIS•QVEI•FVIT•APVD•VOS—TAVRASIA•CISAVNA
- SAMNIO•CEPIT—SVBIGIT•OMNE•LOVCANA•OPSIDESQVE•ABDOVCIT
A tradución ó galego é: "Cornelio Lucio Escipión Barbado, naceu de Cneo o seu pai, como home forte e sabio, cuxa aparencia gardaba as súas moitas virtudes, quen foi cónsul, censor e edil entre vós - Conquistou Taurasia, Cisauna, Samnio - subyugou toda Lucania e liberou aos seus prisioneiros."
Foi censor patricio o -280, o seu mandato foi importante dado que é o primeiro sobre o que se garda un rexistro fiábel.