Lucas Vázquez de Ayllón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Detalle da costa americana no mapa do cartógrafo portugués Diego Ribeiro de 1529, onde a parte sur da costa oriental dos actuais EE UU leva o nome de «Terra de Ayllón».
Mapamundi completo de Ribeiro (1529).

Lucas Vázquez de Ayllón nado probablemente en Toledo no 1475 e finado en Virxinia o 18 de outubro de 1526) foi un militar, oidor, Adelantado e explorador español.

Viaxou a Santo Domingo en 1502, onde foi nomeado xuíz. En 1520, a Audiencia Real de Santo Domingo enviano a Cuba para facer desistir a Diego Velázquez de Cuéllar do envío da expedición de Pánfilo de Narváez; os seus intentos foron infructuosos e dirixiuse a Santiago de Cuba para acadar a Narváez. Ao no lograr convencerle, e como tiña barco da súa propiedade, viaxou a México tras el, onde tratou sen éxito de negociar un acordo entre Hernán Cortés e o propio Pánfilo de Narváez.[1]

En 1522 mandou unha expedición ao oeste, comandada por Francisco Gordillo, que desembarcou no cabo Fear, na costa atlántica da actual Carolina do Norte.

En 1523, e coa autorización do emperador Carlos I de España, organizou unha expedición para buscar o Paso del Noroeste cara as Illas das Especias, explorando a costa oriental dos actuais Estados Unidos (estados de Virxinia e Carolina do Norte).

En 1526, tras recibir do emperador Carlos dereitos sobre as terras descubertas, organizou unha expedición de 600 persoas para colonizar a costa do actual estado de Virxinia, onde fundou San Miguel de Guadalupe, primeira colonia europea en Norteamérica.

A colonia estaba preto da actual bahía de Chesapeake, que Vázquez de Ayllón chamou «bahía de Santa María», non lonxe da actual Jamestown. Ayllón traía escravos negros para traballar as terras (esta foi a primeira ocasión na que os africanos chegaron a Norteamérica). Aproveitando as disputas políticas entre os colonizadores, os escravos rebelaronse e fuxiron cara o interior, onde probablemente mezclaronse cos nativos americanos.

Ao non atopar indios locais cos que realizar troco de alimentos, tras tres meses Vázquez de Ayllón levantou o asentamento e puso rumbo ao sur, cara á illa de A Española. Dos 600 homes só retornaron 150, que dixeron que sufriran carencias, fame, enfermidades e ataques dos indixenas locais. Estes afirmaron que Vázquez de Ayllón finara en brazos dun fraile dominico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. THOMAS, Hugh (1993). La conquista de México, el encuentro de dos mundos, el choque de dos imperios, caps. 24–25. México, ed. Planeta, ISBN 970-690-163-9

Véxase también[editar | editar a fonte]

Outros Artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]