Luís Rodríguez Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuís Rodríguez Santos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor em Wikidata
Ourense Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAbdón Rodríguez Santos Editar o valor em Wikidata


Luís Rodríguez Santos, que en ocasións asinaba como Luis R. Santos, nado en Ourense en 1884,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Abdón Rodríguez Santos. Emigrou a Cuba. Foi redactor de Diario Español, e colaborou en Vida Catalana. Estreou na Habana as pezas teatrais El maldito deber e Un beso. Tamén colaborou na revista Brisas. En 1936 retornou a Galicia.[2] No franquismo traballou no periódico Domingo de Madrid.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Las ilusiones del amor, 1908.[4]
  • Las dos primas, 1911.
  • Rosas fugitivas. Poesías, 1917.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Marina (ou Mariana) Calvo González, nada en La Habana (illa de Cuba) en 1887.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "List or manifest of alien passengers for the United States inmigrant inspector at port of arrival", coa listaxe dos pasaxeiros do S.S. Marqués de Comillas que, tendo saído do porto de Vigo, recalou en Nova York o 21 de xuño de 1946 en tránsito cara a La Habana (lista nº 16).
  2. La Zarpa, 12-7-1936, p. 1.
  3. El Correo Gallego, 1-5-1947, p. 5.
  4. Editado por Domingo Alonso e impreso na Imprenta La Prueba, en La Habana, conta cun prólogo de Eduardo Varela Zequeira (Trelles, Carlos M. (1917). Imprenta de la Viuda de Quirós y Estrada (impresor), ed. Bibliografía cubana del siglo XX. Tomo segundo (1900-1916) (PDF) (en castelán). Matanzas. p. 63. ).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]