Lorde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lorde
Lorde ARIAs 2013.jpg
Lorde nos ARIA Music Awards de 2013.
Naceu 7 de novembro de 1996 (17 anos)
Orixe Devonport, North Shore, Rexión de Auckland
Ocupación (s) Cantautora
Xénero Art pop, indie pop, minimal, electrónica, electropop
Instrumento(s) Voz
Selo(s) discográfico (s) Universal, Republic, Lava
Tempo en activo Dende 2012
Na rede
www.lorde.co.nz

Ella Maria Lani Yelich-O'Connor,[1] nada en Devonport, North Shore, Rexión de Auckland, Nova Zelandia, o 7 de novembro de 1996, máis coñecida polo seu nome artístico Lorde (ˈlɔrd),[2] é unha cantautora neozelandesa. O seu primeiro EP, The Love Club, foi lanzado o 22 de novembro de 2012, e o seu primeiro sinxelo, "Royals", debutou no número un do top corenta de Nova Zelandia, e tamén acadou o primeiro posto na Billboard Hot 100 por nove semanas en 2013, converténdose na primeira artista neozelandesa en conseguilo.

O seu álbum de estrea, Pure Heroine, foi estreado o 27 de setembro de 2013 e a finais dese mesmo ano foi nomeada ao Grammy en catro categorías,[2] gañando dous dos premios.

Notas[editar | editar a fonte]