Loita de insectos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A loita de insectos é un tipo de espectáculo ou actividade deportiva competitiva, para entreterse e moitas veces asociada con apostas, na cal se utilizan insectos que son enfrontados para que loiten entre si.[1]

Loita de grilos na China.
Loita do hemíptero Coreus marginatus cunha formiga.

Características[editar | editar a fonte]

Formas de loitas de insectos como deporte para espectadores practícanse en rexións da China, Xapón, Vietnam e Tailandia. Algúns tipos teñen unha longa historia; por exemplo, a loita de grilos é un pasatempo tradicional chinés que se remonta á dinastía Tang (618–907). Orixinalmente era unha indulxencia dos enmperadores, e despois converteuse nu espectáculo popular entre o pobo.[2] A loita de escaravellos, na que se utilizaban os escaravellos Allomyrina dichotoma, Xylotrupes socrates, Dorcus titanus, Goliathus e os Dynastinae era popular no Xapón e aínda se practica.[3][4] Hai tamén unha comunidade on line de fans, que ven esas loitas en vídeos en diferentes plataformas.[1] Unha comunidade de YouTube aínda se dedica a crear contido sobre a loita de insectos.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

As loitas de insectos xaponesas (Japanese Bug-Fights, 世界最強虫王決定戦)[5][6] son unha serie de vídeos na que interveñen distintos tipos de insectos, arácnidos e outras criaturas que loitan a morte nunha arena de plástico. Só participan dous insectos á vez e a maioría das loitas acaban coa morte dun dos contendentes, pero nalgúns casos acaban nun empate se ningún dos insecto é quen de matar o outro.

O Campionato chinñes de grilos é unha competición anual de loita de grilos que se realiza en Beijing. Dura dous días e xeralmente ten lugar durante o outono, cando se di que os grilos están na súa mellor idade. Faise un investimento importante para que os grilos estean nas mellores condicións. Dise que aos grilos se lles dá unha dieta de pasta de feixóns e auga para axudar ao seu adestramento e preparación.[7] Os grilos divídense en oito clases, de xeito parecido ás categorías ou pesos en que se dividen os deportes do boxeo e as artes marciais mixtas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Hartenberger, Carla (2008-03-31). "Bug Fights, Hot Trend". The Tyee (en English). Consultado o 2019-07-11. 
  2. Andrew Jacobs (de novembro de 2011). "Chirps and Cheers: China's Crickets Clash". The New York Times. p. A6. 
  3. Juni 2015, Beitrag von Galileo 14. Käfer-Hype in Tokio (en alemán). Consultado o 2019-07-11. 
  4. Inglese, Frank (2016-04-12). "A Look Into The Strange World Of Japanese Beetle-Fighting". SnapThirty (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de febreiro de 2021. Consultado o 2019-07-11. 
  5. "Japan - Bug Fights". Vice Canada. 4 de febreiro de 2008. Consultado o 15 de outubro de 2013. 
  6. Markowitz, Riki (20 de maio de 2008). "Ultimate (Bug) Fighting Championship". Maxim. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2013. 
  7. "Crickets battle it out at Chinese championships". South China Morning Post (en inglés). 10 de outubro de 2013. Consultado o 7 de decembro de 2020.