Liutprando de Benevento
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liutprando, morto despois de 759, foi duque de Benevento desde a morte do seu pai Xisulfo II en 749 ata o seu falecemento. Reinou baixo a rexencia da súa nai, Scauniperga, quen apoiou ao rei Aistolfo, ata 756.
Traxectoria [editar]
Despois de que acadou a maioría de idade, encomendou o seu ducado a Pipino o Breve, rei dos francos, probabelmente impulsado polo papa Estevo II, e rebelouse contra o rei Desiderio, deposto en 758 e substituído por Arechis II. O emperador bizantino Constantino V ofreceuse a capturar ao fugado Liutprando se Desiderio atacaba ao papa no canto unha forza bizantina se lle unía desde Sicilia. Desiderio non atacou e Liutprando non foi capturado.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns [editar]
| Ducado de Benevento | ||
|---|---|---|
Segue a: Xisulfo II de Benevento |
Liutprando de Benevento | Precede a: Arechis II de Benevento |
| - | ||