Lingua tai
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A lingua tailandesa é a lingua oficial da Tailandia. O nome tailandés para a lingua é ภาษาไทย (phasa thai, que significa "a lingua da liberdade"). O tailandés forma parte do grupo das linguas tai, pertencente á familia lingüística Tai-kadai.
As linguas tai tiveron a súa orixe no sur da China, e algúns lingüistas propoñeran ligazóns coas familias lingüísticas mon-khmer, malaio-polinesia. É unha lingua tonal e analítica. A combinación da tonalidade cunha ortografía complexa, marcadores relacionais e unha fonoloxía diferente pode facer que o tailandés sexa unha lingua de difícil aprendizaxe para os occidentais.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |