Lingua negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua negra
Creado por: J.R.R. Tolkien
Emprego e uso: Mordor
Total de falantes:
Categoria (propósito): Lingua artificial
 Lingua literaria
  Lingua negra
Categoria (fontes): Lingua hitita e linguas hurrito-urartianas
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ningún país.
Regulado por: Sen regulación.
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: art

A lingua negra é unha lingua artificial falada en Mordor n'O Señor dos Aneis e outras obras de J.R.R. Tolkien.

Trátase dunha lingua artificial creada por Sauron para os servidores de Mordor, como substituta das varias linguas dos orcos, entre outras. Tolkien describe dúas formas desta lingua: a forma antiga "pura", empregada polo mesmo Sauron, os Nazgûl e os Olog-Hai, e outra forma "degradada" empregada polos soldados de Barad-dûr cara a fin da Terceira Idade. O único exemplo de lingua negra "pura" que aparece nos escritos de Tolkien é a inscrición do Anel Único: o poema dos Aneis de Poder.

Ash Nazg durbatulûk,
ash Nazg gimbatul,
ash Nazg trakatulûk,
agh burzum-ishi krimpatul,
uzg-Mordor-ishi amal fauthut burgûli.

Traducidas ao galego, estas palabras significan:

Un Anel para gobernalos a todos
Un Anel para atopalos
Un Anel para atraelos a todos
e na escuridade atalos
na Terra de Mordor, onde se estenden as sombras