Lingua kawaiisu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kawaiisu
Nɨwɨ'abigidɨ, Nɨwɨ'abigipɨ
Pronuncia:[nɨwɨʔabiɣidɨ], [nɨwɨʔabiɣipɨ]
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: California
Total de falantes: 5 (2005)[1]
Familia: Uto-azteca
 Uto-azteca do norte
  Númica
   Númica meridional
    Kawaiisu
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: xaw
Mapa

A lingua kawaiisu (sinalada en laranxa xunto ás outras linguas númicas) entre as demais linguas uto-aztecas.
Status

O kawaiisu está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua kawaiisu[3] é unha lingua númica da familia uto-azteca falada polo pobo kawaiisu de California.

Clasificación[editar | editar a fonte]

O kawaiisu é membro das linguas númicas meridionais dentro da familia uto-azteca.

Revitalización[editar | editar a fonte]

En 1994, a lingua estaba en grave perigo de extinción, contando con menos de 20 falantes.[4]

En 2011, o Proxecto Kawaiisu recibiu o Premio á Preservación Histórica do Gobernador de California polos seus esforzos en documentar a lingua e a cultura Kaiwaiisu, incluíndo "o Manual do Kawaiisu, o ensino da lingua, o Centro de Lingua e Cultura Kawaiisu [e] a exposición Kawaiisu no Museo Tehachapi".[5][6] Dende 2012, o Centro Cultural da Lingua Kawaiisu ofrece clases para aprender a lingua e conta con DVDs para a aprendizaxe na casa, así como formación para outros grupos que buscan crear programas e materiais de aprendizaxe de idiomas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ethnologue (ed.). "Kawaiisu". Consultado o 23 de maio de 2023. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Maurice L. Zigmond, Curtis G. Booth, & Pamela Munro. 1991. Kawaiisu, A Grammar and Dictionary with Texts. Ed. Pamela Munro. University of California Publications in Linguistics Volume 119. Berkeley, California: University of California Press.
  4. Leanne Hinton. 1994. Flutes of Fire: Essays on California Indian Languages. Heyday Books.
  5. Jon Hammond (2011-11-29). "Kawaiisu Project receives Governor's Historic Preservation Award". TehachapiNews.com. Arquivado dende o orixinal o 2013-10-04. Consultado o 2012-08-26. 
  6. Jon Hammond (2010-04-06). "The original Tehachapi language: new grant funds new grant funds two-year Nüwa (Kawaiisu) project". TehachapiNews.com. Arquivado dende o orixinal o 2013-10-04. Consultado o 2012-08-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]