Lingua britónica do suroeste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O britónico sudoccidental é un dos dous dialectos nos que se dividiu a lingua britónica a partir da Batalla de Deorham en 577. O outro dialecto britónico occidental, que despois evolucionaron ata o galés e o cúmbrico.

É o devanceiro común do córnico e o bretón, que na opinión de algúns (como Schrijver) non se converteron en linguas distintas antes do século XII, os termos "córnico antigo" e "bretón antigo" serían máis xeográficos ca lingüísticos.

Algúns dos cambios fonéticos que distinguen o britónico sudoccidental do galés serían:

  • a elevación de */(g)wo-/ a */(g)wu-/ en sílaba pretónica (elevación que non existiu en galés).
  • o paso de */ɔː/ a /œː/ (en galés ditongou en /aw/).
  • o paso de */a/ a */e/ ante */iː/ ou */j/ nunha sílaba final antiga (en galés ditongou en /ei/).

Outras diferenzas significativas atópanse en innovacións galesas nas que non participou o britónico sudoccidental, como o desenvolvemento da fricativa lateral alveolar xorda /ɬ/.

Houbo certo interese recentemente nesta lingua, especialmente en Devon, e de aí xurdiu un estudo como A Handbook of West Country Brythonic: The Forgotten Celtic Tongue of South West England C.700 A.D. (Old Devonian) autopublicado por Joseph Biddulph. A obra de Biddulph foi recibida con críticas por non ter un teor suficientemente académico e por tratarse dunha lingua construída máis que da reconstrución dunha lingua seguindo o método comparativo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jackson, Kenneth: Language and History in Early Britain. Edimburgo. Edinburgh University Press. 1953.
  • Schrijver, Peter: Studies in British Celtic Historical Phonology. Ámsterdan. Rodopi. 1995. ISBN 90-5183-820-4.