Lingua ascunu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Ascunu | ||
|---|---|---|
| Outros nomes: | axcún (ashkun) | |
| Falado en: | Afganistán | |
| Rexións: | Val de Pech,Nuristán | |
| Total de falantes: | Preto de 1.200 (Ethnologue) | |
| Familia: | Indoeuropea Indoiranias Nuristanias Ascunu |
|
| Escrita: | De facelo usan a escrita perso-arábiga | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Cooficiais (Constitución do Afganistán) | |
| Regulado por: | Non | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | - | |
| ISO 639-2: | - | |
| ISO 639-3: | ask | |
| SIL: | ask | |
| . | ||
O ascunu (askunu, اشکن) é unha lingua do Afganistán falado polos pobos ascunus, sanus e gramsanas (askunu, sanu, e gramsana) na rexión do val de Pech arredor de Wama, ao noroeste de Asadabad na Provincia de Cunar (Kunar). Outro termo para denominar a estas tres tribos, e que está bastante en uso, é axcún (ashkun), o cal foi citado por primeira vez por George Scott Robertson en 1896.
Clasifícase como membro do nuristanio sub-familia das linguas indoiranias.