Lingua achinesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O achinés, aceh, acheh ou achenés é unha lingua malaio-polinesia de Indonesia.
ISO 639-2: ace
ISO/DIS 639-3: ace

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

O achinés fálase na zona litoral da provincia de Aceh, no norte de Sumatra

Falantes[editar | editar a fonte]

3.400.000 (2002)

Dialectos[editar | editar a fonte]

Banda Aceh, Baruh, Bueng, Daja, Pasa, Pidie e Tunong

Escrita[editar | editar a fonte]

O achinés escribiase tradicionalmente en alfabeto árabe, pero en 1979 estableceuse un novo alfabeto de base latina.

Historia[editar | editar a fonte]

Aceh islamizouse no século VIII, e xa no ano 804 establécese o primeiro reino islámico no territorio de lingua achinesa, a islamización puxo fin á influencia do sánscrito e deulle un verniz arabizante á lingua. No século XV Aceh era o estado máis poderoso da rexión, e aínda que o malaio era a lingua que actuaba como oficial nos documentos escritos o achinés era predominante nos usos orais[1], pero dende 1641 a influencia achinesa comeza a declinar, en 1873 os holandeses invaden Aceh, pero non se puideron facer co control do territorio ata 1903, os xaponeses invaden o territorio en 1942, e vai ser o único lugar de Indonesia onde van atopar resistencia nativa.

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

Vogais[editar | editar a fonte]

Anterior Central Posterior
oral nasal oral nasal oral nasal
Pechada i ĩ ɨ ɨ̃ u ũ
Semipechada e ɛ̃ ə ʌ̃ o ɔ̃
Semiaberta ɛ ʌ ɔ
Aberta a ã


Consoantes[editar | editar a fonte]

Labial Alveolar Palatal Velar Glotal
Nasal m n ɲ ŋ
Oclusiva p b t d c ɟ k g ʔ
Fricativa s ʃ h
Aproximante w l j
Vibrante r


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leonard Y. Andaya Leaves of the same tree: trade and ethnicity in the Straits of Melaka, University of Hawaii Press, 2008, páxina 139

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua achinesa.