Lina Medina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lina Vanessa Medina, nada na Región Huancavelica o 27 de setembro de 1933, é unha muller peruana e a nai máis nova confirmada na historia da medicina, posto que con 5 anos 7 meses e 21 días de idade se converteu en nai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alén do feito, a rapaza acadou sona por tamén nunca revelar o nome do pai do neno e mais por pasar a súa vida na pobreza, sen ningún tipo de asistencia do goberno peruano. Casou en 1972 e chegou a ter outro fillo aos 38 anos de idade. En 2010 vivía nun barrio de Lima.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]