Libra de Xibraltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Libra de Xibraltar
Gibraltar Pound en inglés
Código: GIP
Ámbito: Flag of Gibraltar.svg Xibraltar
Símbolo: £
Fracción: 100 peniques
Moedas: 1, 2, 5, 10, 20, 50 peniques 1, 2 GIP
Billetes: 5, 10, 20, 50 GIP
Emisor: Goberno de Xibraltar
Taxa de troco:
16-1-2010
1 EUR = 0,8848 GIP 1 USD = 0,6151 GIP
Troco actual

A libra xibraltareña (£ GIP) é a moeda oficial de Xibraltar. É intercambiable coa libra esterlina do Reino Unido 1 a 1.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Real de Xibraltar.

Ata 1898, a situación da moeda en Xibraltar era complicada, cun sistema baseado no real de Xibraltar, abarcando a moeda británica, española e xibraltareña. Desde 1825, o real de prata español equivaleu 6½ con respecto a unha libra. (1 real español = 4 peniques británicos). No 1898, a libra esterlina introduciuse en curso legal. Desde 1927, Xibraltar produce os seus propios billetes e desde 1988, as súas propias moedas equivalendo estas a 1 libra de Xibraltar = 1 libra esterlina = 100 peniques.

Moedas[editar | editar a fonte]

No 1988, a denominación das moedas quedou en 1, 2, 5, 10, 20 e 50 peniques e 1 libra. Estas teñen un deseño especifico e inclúen o nome de Xibraltar. Estas moedas son de igual tamaño e forma que as moedas que circulan polo Reino Unido.

A moeda de 2 libras foi introducida np 1999.

Billetes[editar | editar a fonte]

En 1914, o goberno introduce billetes de 2 e 10 xilins, 1, 5 e 50 libras. Os billetes de 2 xilins e 50 libras deixaron de producirse coa nova edición de 1927. O billete de 10 xilins foi substituído pola moeda de 50 peniques. En 1975, os billetes de 10 e 20 libras foron introducidos, seguidos do de 50 en 1986. O billete de 1 libra deixou de circular no 1988. Na nova edición do 1995, foi introducida por primeira vez a palabra "libras esterlinas" en lugar de só "libras".