Liam Payne
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Liam James Payne 29 de agosto de 1993 (30 anos) Wolverhampton, Reino Unido |
Datos persoais | |
Outros nomes | Payno, Lee, Leeyum |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | City of Wolverhampton College (en) St Peter's Collegiate School (en) |
Altura | 1,77 m |
Actividade | |
Campo de traballo | Música, música pop e música popular |
Ocupación | cantante , artista discográfico , cantautor , compositor de cancións , compositor |
Período de actividade | 2008 - |
Membro de | One Direction (2010–2016) |
Xénero artístico | Música pop e R&B contemporâneo (pt) |
Lingua | Inglés británico e lingua inglesa |
Representante | Steve Finan O'Connor (en) |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Piano, voz e guitarra |
Selo discográfico | Capitol Records Columbia Records Syco Music (pt) Republic Records |
Participou en | |
26 de abril de 2022 | Crypto Bahamas 2022 (en) |
Familia | |
Parella | Cheryl Cole (pt) (2016–2018) |
Premios
| |
Páxina web | liampayneofficial.com |
|
Liam James Payne, nado en Wolverhampston o 29 de agosto de 1993, é un cantante e compositor inglés. Alcanzou a fama como membro do quinteto, One Direction.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Payne fixo o seu debut como solista nas audicións para o programa Factor X en 2008. Despois de ser eliminado, volveu participar nas audicións en 2010 e foi incluído xunto a outros catro concursantes rexeitados para formar unha nova banda.[1][2] O grupo publicou cinco álbums, embarcouse en catro xiras internacionais e recibiu candidaturas a diversos premios, converténdose nunha das bandas de máis éxito do seu momento. Payne traballou baixo os pseudónimos "Big Payno" e "Payno" creando remixes de cancións da propia banda e da cantante e anteriormente noiva súa Cheryl Cole.[3]
En 2016, Payne firmou un contrato con Capitol Records como solista. En maio de 2017, Payne lanzou "Strip That Down" como sinxelo principal do seu álbum de debut. Conseguiu o posto 3 no UK Singles Chart e o posto 10 no US Billboard Hot 100, sendo certificado platino en ambos os países.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Oliver, Sarah (2014). Zayn Malik and Liam Payne – The Biography. Nova York: John Blake Publishing. ISBN 1782199497.
- ↑ Nash, Victoria. "Liam Payne now sprinting to X Factor success". Express and Star. Consultado o 17 de xullo de 2015.
- ↑ "Listen to 1D's Liam Payne's Remix of Cheryl's new single 'I Don't Care'.". MTV UK. 14 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.