Liam Mellows

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Liam William Joseph Mellows, nado en Manchester o 25 de maio de 1895 e finado en Dublín o 8 de decembro de 1922, foi un político irlandés vencellado ao Sinn Féin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Inglaterra, medrou no condado de Wexford, Irlanda. Foi membro da Irmandade Republicana Irlandesa e dos Voluntarios Irlandeses, participando no Alzamento de Pascua no condado de Galway e, posteriormente na Guerra de Independencia Irlandesa. Elexido deputado da First Dáil, a primeira asemblea de representantes creada polos revolucionaros irlandeses, rexeitou o Tratado Angloirlandés. Foi capturado polas forzas pro-tratado durante a Guerra Civil Irlandesa e executado polas mesmas na prisión dublinesa de Mountjoy.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]