Leticia Costas-Moreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Leticia Costas-Moreira, nada en Pontevedra o 22 de marzo de 1990, é unha ex tenista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar con cinco anos no Club de Tenis Pontevedra, ao tempo que practicaba ballet. Aos 14 anos a Real Federación Española de Tenis levouna ao Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat del Vallès. Competía no circuíto de tenis feminino ITF, e estaba adestrada por Alejo Mancisidor.

O 11 de xullo de 2011 conseguiu o seu posto máis alto na clasificación WTA individual co número 179, conseguindo tamén a mellor marca en dobres co posto número 200. Desde finais dese ano arrastrou problemas físicos, descendendo ao posto 420 en xuño de 2013. Nese mes, tras caer derrotada contra Margalita Chakhnashvili no ITF de Civitavecchia, decdiu deixar o tenis[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]