Le Scaphandre et le Papillon (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Escafandro e a Bolboreta
Ficha técnica
Título orixinalLe Scaphandre et le Papillon
DirectorJulian Schnabel
ProdutorKathleen Kennedy
Jon Kilik
GuiónJean-Dominique Bauby (memorias)
Ronald Harwood (guión adaptado)
IntérpretesMathieu Amalric
Emmanuelle Seigner
Marie-Josée Croze
Max von Sydow
Anne Consigny
Patrick Chesnais
Niels Arestrup
Olatz López Garmendia
Jean-Pierre Cassel
MúsicaPaul Cantelon
FotografíaJanusz Kaminski
MontaxeJuliette Welfling
Duración112
Orixe Francia
Xénerodrama
Na rede
http://www.miramax.com/movie/the-diving-bell-and-the-butterfly
IMDB: tt0401383 Filmaffinity: 632121 Allocine: 119032 Rottentomatoes: m/the_diving_bell_and_the_butterfly_2007 Mojo: divingbellandthebutterfly Allmovie: v395604 TCM: 658261 Metacritic: movie/the-diving-bell-and-the-butterfly TV.com: movies/the-diving-bell-and-the-butterfly Netlix: 70071610Editar o valor em Wikidata

O Escafandro e a Bolboreta (Le Scaphandre et le Papillon, en Francia; The Diving Bell and the Butterfly, nos Estados Unidos) é un filme dirixido por Julian Schnabel. Lanzado en 2007, o filme baséase no libro francés homónimo de Jean-Dominique Bauby. A obra de Schnabel gañou dous premios Globo de Ouro (mellor filme estranxeiro e mellor dirección), levou os premios de mellor dirección e o Grande Premio Técnico no Festival de cinema de Cannes e aínda foi finalista en catro categorías do Óscar (foi proposto nos premios de Mellor Director, Mellor Fotografía, Mellor Guión Adaptado e Mellor Montaxe).

Sinopse[editar | editar a fonte]

O filme narra a historia de Jean-Dominique Bauby, un xornalista exitoso, editor da revista Elle que, aos 43 anos de idade, sufriu un accidente vascular cerebral. Por causa deste ataque, Jean-Do, como era chamado, desenvolveu unha síndrome rara, denominada síndrome do encarceramento, a cal deixou o seu corpo totalmente paralizado. El só podía mover o ollo esquerdo. A partir de entón, Bauby ten que aprender a convivir naquel estado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]