León III (emperador)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «León III, Emperador»)
León III
Nacemento675
Lugar de nacementoMaraş
Falecemento18 de xuño de 741
Lugar de falecementoConstantinopla
Causaedema
NacionalidadeImperio Bizantino
Relixióncristianismo
Ocupaciónmilitar
CónxuxeMaria (esposa de Leão III)
FillosConstantino V, Ana (esposa de Artabasdo), Kozma e Irina
Na rede
WikiTree: Unknown-214689 Find a Grave: 37484636 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

León III o Isaurio (c. 680 - 18 de xuño de 741), emperador bizantino desde 717 ata a súa morte. Acabou co período de inestabilidade, defendendo con éxito o Imperio ante os árabes, e adoptou a iconoclastia como política relixiosa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

León naceu no provincia siria de Commagene. Ascendeu rapidamente no exército, e baixo Anastasio II concedéuselle o mando do exército de Oriente. En 717 rebelouse contra o usurpador Teodosio III e, na súa marcha cara a Constantinopla, foi elixido emperador no seu lugar. Durante o primeiro ano do reinado de León, a capital sufriu un grave asedio por parte dos árabes, que aproveitaron a desorde civil no Imperio para levar unha forza de 80.000 homes ata o Bósforo. Grazas á súa decidida defensa, León conseguiu que os árabes se retirasen tras doce meses de asedio. Un factor importante na vitoria bizantina foi o uso do lume grego. Tras librar así ao Imperio dunha ameaza que puxo en perigo a súa existencia, León dedicouse a consolidar a súa administración, que sufrira durante os anteriores anos de anarquía. Asegurou tamén as súas fronteiras invitando a colonos eslavos a instalárense en rexións despoboadas e restaurando a eficiencia do exército: cando os árabes volveron atacar en 726 e 739, foron derrotados decisivamente. As súas reformas civís supuxeron a eliminación do sistema de prepago de impostos, que impoñía a carga fiscal sobre os grandes terratenentes, a conversión dos servos nunha clase de arrendatarios libres e a remodelación do dereito de familia e do dereito marítimo. Todas estas medidas, que se incorporaron ao novo código de 740, atoparon unha certa oposición por parte da nobreza e o alto clero.

Pero a reforma lexislativa de maior peso levada a cabo por León tiña que ver con cuestións relixiosas: en concreto coa iconoclastia. Tras un intento, aparentemente acadado, de obrigar ao bautismo de todos os xudeus e montanistas do Imperio (722), León decretou unha serie de edictos contra o culto das imaxes (726-729). Esta prohibición dun costume, que sen dúbida dera lugar a todo tipo de abusos, parece que estivo inspirada por un desexo xenuíno de mellorar a moral pública, e obtivo o apoio da aristocracia oficial e dun sector do clero. Pero unha gran maioría dos teólogos e case todos os monxes opuxéronse a estas medidas con firme hostilidade, e no occidente do Imperio o pobo rexeitou obedecer o edicto. En Grecia desatouse unha revolta, baseada sobre todo na cuestión relixiosa, que foi esmagada pola frota imperial (727), e dous anos despois, León suprimiu a oposición aberta na capital ao destituír ao patriarca de Constantinopla. En Italia, a actitude desafiante dos papas Gregorio II e Gregorio III na cuestión do culto das imaxes conduciu a unha extremada disputa co emperador. Gregorio III reuniu varios concilios en Roma co fin de anatemizar e excomungar aos iconoclastas (730 e 732). León respondeu transferindo o sur de Italia e Grecia da xurisdición papal á do patriarca de Constantinopla. A pugna traduciuse tamén nun levantamento armado no exarcado de Rávena (727), que León intentou dominar enviando unha gran frota, pero a destrución do seu armamento por mor dunha gran tormenta xogou na súa contra: finalmente, os seus súbditos do sur de Italia incumpriron os seus edictos relixiosos e a provincia de Rávena escindiuse do Imperio.

Imperio Bizantino

Segue a:
Teodosio III
León III (emperador)
Precede a:
Constantino V
Dinastía Isáurica