Laibach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laibach
OrixeTrbovlje, Eslovenia
Período1980-
Xénero(s)Industrial, EBM
Selo(s) discográfico(s)Mute Records
MembrosMilan Fras
Dejan Knez
Ervin Markosek
Ivan Novak
Tomaz Hostnik
Na rede
páxina oficial
IMDB: nm0481744 Facebook: Laibach Twitter: LAIBACH Instagram: laibachofficial VK: laibach_official MySpace: laibach Youtube: UCE1VRNkKm2u6xI_No7SCKVQ Vimeo: laibach Spotify: 7l4LQfvN4yz8zbK4WY0AAg iTunes: 19515616 Last fm: Laibach Musicbrainz: c779e090-909f-4403-a90e-c1d08cdbb719 Songkick: 234364 Discogs: 25404 Allmusic: mn0000780506 Deezer: 3551 Genius: Laibach Editar o valor em Wikidata

Laibach é un grupo esloveno de música industrial. Naceu como asociación cultural xuvenil en 1980, nunha vila mineira, centro da vangarda obreira iugoslava, chamada Trbovlje. Laibach é o nome en alemán da capital eslovena, Liubliana.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde os seus inicios Laibach pretendeu unha ruptura simbólica e ideolóxica unindo elementos, nazi-fascistas, stalinistas, nacionalistas iugoslavos e eslovenos; así como cunha hábil combinación entre a arte nazi-fascista e a arte socialista.

A súa primeira acción (terminoloxía utilizada polo grupo tanto para concertos como para outras aparicións públicas) foi denunciada ás autoridades polos propios círculos obreiros da cidade, sendo prohibida. Pouco tempo despois acudiron á televisión nacional a unha entrevista co xornalista Yure Pengov, trala cal o grupo foi vetado definitivamente.

Porén, as autoridades iugoslavas non exercían unha acción directa contra este grupo, xa que non podían encarceralos por raparse o pelo e citar a Tito e a Edvard Kardelj, xa que era a mesma base na que descansaba o seu sistema político. Esta era a arma que utilizaban estes mozos: loitar contra o sistema represivo establecido coas mesmas armas que os seus represores.

As súas primeiras gravacións foron editadas por modestos selos centroeuropeos ,pero axiña amosaron o seu potencial e a súa proxección, e tras unha destacada xira por Europa oriental (Occupied NATO Tour 1985), foron captados por Mute records, o prestixioso selo británico de música alternativa. Pouco a pouco fíxose bastante habitual a particular revisión do grupo de cancións pop-rock populares como "One Vision" de Queen ou o álbum "Let It Be" dos Beatles. Laibach pretendía identificar as súas propias estruturas totalitarias coas de Occidente, utilizando para iso o mesmo método de expresión da cultura do entretemento. O rock que, aínda que supostamente é expresión de liberdade, é vehículo de dominación en Occidente.

Trala independencia Laibach regresou a Eslovenia como iniciador e referente do debate democrático. Porén, continúan o seu labor, dado que, nas súas propias palabras:

O Leste colapsouse porque creu cegamente na definición utópica occidental da liberdade do individuo. O Oeste só sobrevive porque astutamente estableceu un sistema que insiste en que a xente é libre. É dicir, baixo a democracia a xente cre que está actuando de acordo coa súa vontade e desexos propios.

En 2003 publicaron o álbum WAT (We Are Time), influído pola grave situación internacional. O seu primeiro sinxelo "Tanz Mit Laibach", fala das relacións entre os Estados Unidos e Alemaña. Di o grupo que xa que os Estados Unidos ensinou a Alemaña a recuperarse economicamente de forma milagrosa trala segunda guerra mundial, Alemaña agora prestará a súa actitude bélica aos Estados Unidos (e se é así, din, estaremos bailando durante moito máis tempo) .

Laibach forma parte do colectivo NSK (Neue Slowenische Kunst, Nova Arte Eslovena), que adquiriu o carácter de estado durante a separación das repúblicas de Iugoslavia como reacción ós "feitos nacionais" e os enfrontamentos armados derivados.

NSK é un estado cunhas fronteiras fóra do espazo, senón no tempo. NSK existe nos eventos que se producen nas zonas que caen temporalmente baixo a súa xurisdición, reproducindo neles as estruturas estatais.

Conceptualmente, se o mecanismo totalitario consiste na fabricación do futuro mediante a manipulación do pasado, o "retro-garde" en NSK recupera e adapta o pasado como reflexo do presente.

Tras isto, hai todo un intento de denuncia e transformación das estruturas totalitarias que se esconden trala aparencia dos sistemas políticos, xa sexan democracias ou ditaduras.

En 2004 e 2005 tocaron intensamente por Europa (por primeira vez en España con tres actuacións) e os Estados Unidos, e coas actuacións neste país presentouse un documental baixo o título de Divided States of America, editado o 9 de setembro de 2006.

O seu último disco Volk, saíu á venda o 23 de outubro de 2006, e os seus temas son versións de himnos de distintas nacións e estados do mundo. Camuflada en belas melodías e atmosferas delicadas, escóndese unha caricaturización do "pobo" no sentido nacional do termo. O propio título do disco participa no xogo de conceptos, xa que Volk en alemán significa 'pobo', mentres que volk en esloveno (e en ruso) significa 'lobo'. Así, a portada amosa o debuxo dunhas ovellas (o pobo como rabaño), mentres que nas páxinas interiores aparece a ameazadora imaxe do lobo.

Nos temas "America" e "Anglia", así como no libreto interior do disco, realízase ademais unha crítica aberta (moito máis explícita do que adoita ser habitual en Laibach) contra a supremacía política e cultural anglosaxoa no mundo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Formato Selo
1985 Laibach LP ŠKUC/Ropot
1985 Rekapitulacija 1980-84

| Recompilatorio

Walter Ulbricht Schallfolien AG
1985 Neu Konserwativ

| LP

Cold Spring Records
1985 Nova akropola

| LP

Cherry Red
1986 Baptism

| LP

1987 Opus Dei

| LP

Mute Records
1988 Let It Be/Laibach

| LP

Mute Records
1988 Sympathy for the Devil/Laibach LP Mute Records
1990 Macbeth/Laibach

| LP

Mute Records
1992 Kapital

| LP

Mute Records
1993 Ljubljana-Zagreb-Beograd LP The Grey Area, Mute Records
1994 NATO/Laibach LP
1996 Jesus Christ Superstars LP The Grey Area, Mute Records
2000 Laibach 2 (A Film from Slovenia e The Occupied Europe NATO Tour 1994-1995) DVD
2000 Laibach: The Videos DVD
2003 WAT LP Mute Records
2004 Laibach Anthems Recompilatorio Mute Records
2006 Divided States of America DVD Mute Records
23 de outubro de 2006 Volk LP Mute Records

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]