Electronic Body Music

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Electronic Body Music (EBM) é un estilo de música electrónica aparecido a principios dos anos 80 que combina elementos da música industrial e a música electrónica de baile. O seu son aséntase nas bases da música industrial de conxuntos pioneiros como Throbbing Gristle, Psychic TV, Can ou Neu!, e outros pioneiros da electrónica como Kraftwerk, Cabaret Voltaire ou DAF.

A denominación "Electronic Body Music" foi concebida polo grupo belga Front 242 a principios dos 80 para describi-la súa música, polo que dende entón se lles atribúe a paternidade do xénero.

O son da EBM[editar | editar a fonte]

Unha das características principais é a frialdade e contundencia das bases rítmicas, que a pesar de seren bailabeis apóianse no son industrial. A súa estrutura fuxe sensiblemente do concepto pop, desenvolvéndose nunha certa monotonía calculada sen deixar de banda figuras musicais concretas como as polirritmias ou os clásicos fill-in que poden entrar ou saír do núcleo do ritmo dun xeito máis ben ecléctico.

As liñas de baixo tenden a ser profundas e cunha clara intención hipnótica, prescindindo de figuras como a síncopa e que adoitan seguir unha estrutura a corcheas ou semicorcheas. Este tipo de liñas de baixo son tamén coñecidas como sequenced-bass.

A efectos de harmonía e melodía son destacabeis os riffs de sintetizador, concebidos de xeito máis repetitivo e minimalista cás bases rítmicas. Os acompañamentos adoitan ser pads ou "colchóns sintéticos" que envolven os temas con atmósferas oscuras.

No desenvolvemento vocal son características as voces masculinas, por acadaren tons máis baixos e dar unha sensación máis lánguida e sinistra. As letras fan referencia polo xeral a temática social, filosófica e política nunha tesitura oscura e moitas veces case apocalíptica.

Algúns dos conxuntos máis destacados[editar | editar a fonte]