Lago Cocibolca
O Lago Cocibolca (vocábulo que quere dicir 'o mar doce'), tamén chamado Lago de Nicaragua, é un lago de auga doce. Está situado en Nicaragua, Centroamérica. A súa extensión é de 8.624 km².
É o terceiro lago de América Latina despois do Lago de Maracaibo en Venezuela e o Lago Titicaca (de tamaño parecido) entre Bolivia e Perú.
Alberga as únicas quenllas de auga doce do mundo.
O río San Juan conecta o lago co Mar Caribe.
A cidade de Granada e o volcán Mombacho encóntrase na beira do lago.
O lago ten máis de catrocentos illotes se se inclúen os Illotes de Granada e o Arquipélago de Solentiname, dúas illas grandes que son a Illa de Zapatera e a Illa de Ometepe. Nesta última encontramos dous volcáns, un deles activo, que son o Volcán Maderas -un santuario de flora e fauna- e o Volcán Concepción.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |