La Modification

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Modification é unha novela do escritor francés Michel Butor (1957).

Trama[editar | editar a fonte]

A novela conta unha viaxe en tren de París a Roma, no que o protagonista reflexiona sobre a súa vida, e de como a súa vida se pode transformar, posto que a súa intención é a de quedar definitivamente coa súa amante, coa que se vai reunir nesta viaxe e que vive en Roma, e deixar á súa muller, que reside en París. O narrador diríxese sempre ó protagonista en segunda persoa do plural, o que en galego sería equivalente a tratala de vostede, o que implica ó lector na vida do protagonista, ó sentirse constantemente interpelado e do que vai lembrando detalles da súa vida, tanto en Francia como en Italia, tanto cunha muller como coa outra.

Ó longo da novela, e cunha rapidez que trata de traspoñer a propia lentitude do paso do tempo nunha viaxe en tren, imos vendo como os seus primeiros pensamentos se van modificando e dando paso a dúbidas e a novas decisións.

Esta novela, a máis coñecida das que escribiu Butor, é considerada un dos referentes do movemento que se chamou Nouveau roman.