La Federación de Negreira y Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Federación de Negreira y Baña
LocalidadeNegreira
editar datos en Wikidata ]

La Federación de Negreira y Baña foi un periódico aparecido en Negreira entre 1911 e 1913.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano mensual de la expresada Federación. Que vela por los intereses generales de los distritos en que haya socios y aun por los de caracter particular de los federados, apareceu en xaneiro de 1911. Periódico mensual, publícase na segunda quincena de cada mes. Era o órgano da Federación Solidario-proteccionista de Negreira y Baña, baixo influencia do Partido Liberal. Mantivo enfrontamentos con El Barcalés. Entre os seus colaboradores figuraron Eduardo López Díaz, Alfredo Caamaño Ferreiro, Juan Rof Codina, Ceferino Amigo, José Sánchez Anido, Manuel Amigo Fernández, Germán Caamaño Solar, Fernando Rubio, Franco Catorce, Pedro Rodríguez Rodríguez, Francisco Tuñas Liñares e Manuel Magariños. O último número conservado é o 26, correspondente ao 28 de febreiro de 1913.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]