Kosmos 348

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 348
Tipo Científico
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 13 de xuño de 1970, 4:59 GMT[1][2][3][4][5]
Foguete portador Kosmos 2I[2][6]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misión Estudos xeofísicos.[2]
Decaemento 25 de xullo de 1970[1]
NSSDC ID 1970-044A
Masa 400 kg[7]

Kosmos 348 (Космос 348 en ruso), tamén denominado DS-U2-GK Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 13 de xuño de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][6][4][8][9]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 348 foi o segundo e último membro do modelo de satélites DS-U2-GK. Estaba adicado a facer observacións xeofísicas da atmosfera superior e á observación das auroras polares nunha continuación da labor do seu predecesor, o Kosmos 261. Kosmos 348 foi inxectado nunha órbita inicial de 680 km de apoxeo e 211 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 92,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 25 de xullo de 1970.[7][3][1]

Resultados[editar | editar a fonte]

Kosmos 348 fixo medicións da ionización auroral a altas latitudes, atopando inhomoxeneidades na mesma, entre outros descubrimentos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "COSMOS 348" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=4413. Consultado o 29 de agosto de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Cosmos 348" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1970-044A. Consultado o 29 de agosto de 2012.
  3. 3,0 3,1 (PDF) Letter dated 22 July 1970 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space. 25 de agosto de 1970. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=902.
  4. 4,0 4,1 (PDF) SPACECRAFT SCOREBOARD 1970 PART ONE. 16 de xullo de 1970. pp. 99. FLIGHT International. http://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1970/1970%20-%201323.html.
  5. "Kosmos 348" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1970.html#Kosmos-348. Consultado o 29 de agosto de 2012.
  6. 6,0 6,1 "DS-U2-GK" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ds-u2-gk.htm. Consultado o 29 de agosto de 2012.
  7. 7,0 7,1 "DS-U2-GK" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/dsu2gk.htm. Consultado o 29 de agosto de 2012.
  8. (PDF) Los países de la Europa del Este colaboran en equipo en la investigación espacial. 20 de xuño de 1970. pp. 13. LA VANGUARDIA ESPAÑOLA. http://hemeroteca.lavanguardia.com/preview/1970/06/20/pagina-13/34333734/pdf.html.
  9. (PDF) Russ Launch New Cosmos. 13 de xuño de 1970. pp. 9. Spokane Daily Chronicle. http://news.google.com/newspapers?nid=1338&dat=19700613&id=NGpYAAAAIBAJ&sjid=N_gDAAAAIBAJ&pg=5455,3786251.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]