Kosmos 176

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 176
TipoMilitar
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento12 de setembro de 1967, 17:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorKosmos 2I[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misiónServir como obxectivos para probas de sistemas antisatélite (ASAT) e antimísiles e de control do espazo.[2]
Decaemento3 de marzo de 1968[1]
NSSDC ID1967-086A
Masa400 kg[6]

Kosmos 176 (Космос 176 en ruso), tamén denominado DS-P1-Yu Nº 10, foi un satélite artificial soviético lanzado o 12 de setembro de 1967 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5][7][8]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 176 foi o décimo membro da serie de satélites DS-P1-Yu e o noveno lanzado con éxito tralo fracaso do lanzamento do segundo membro da serie. Estaba adicado a servir como obxectivos para as probas antisatélites e antimísiles soviéticas.[3][6]

Kosmos 176 foi inxectado nunha órbita inicial de 1581 km de apoxeo e 206 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 81,9 graos e un período de 102,2 minutos. Reentrou na atmosfera o 3 de marzo de 1968.[1][3][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 176" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 176" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 18 October 1967 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (67-24446). 23 de outubro de 1967: 2. A/AC.105/INF.172. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Kosmos 176" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-P1-Yu (11F618)" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "DS-P1-Yu" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  7. 7,0 7,1 "RECENT COSMOS LAUNCHES" (PDF). 28 de setembro de 1967: 542. FLIGHT International. Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  8. "The Cosmos Programme" (PDF). 4 de setembro de 1969: 396. FLIGHT International. Consultado o 6 de agosto de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]