Konstantin Paustovski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Konstantin Paustovski (31 de maio de 1892 - 14 de xullo de 1968) foi un escritor soviético.

Naceu en Moscova, fillo dun ferroviario que descendía dunha liñaxe de cosacos e da filla dun intelectual polonés, pero medrou en Ucraína, estudou en Kiev e en 1912 matriculouse na universidade, primeiro realizando estudos de historia natural e despois de dous anos de dereito, pola Primeira Guerra Mundial interrompeu os seus estudos, traballou como paramédico nun tren hospital e tras a morte de dous irmáns volveu a Moscova con súa nai e despois traballou en fábricas metalúrxicas de Dnipropetrovsk e Donestk. En 1916 trasladouse a Tanganrog e alí comezou a escribir a que sería a súa primeira novela, Romantiki que non publicou ata 1935, Paustovski comezara a escribir mentres estudaba no instituto e en 1911 unha revista de Kiev publicáralle o seu primeiro relato. Con todo, o primeiro libro publicado foi o conxunto de relatos Morskiye Nabrosk en 1925. Kara-Bogaz (1932) constituíu un éxito e permitiulle dedicarse por enteiro á literatura. Durante a Segunda Guerra Mundial foi correspondente de guerra.