Kintyre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Península de Kintyre, en vermello, dentro de Argyll

Kintyre (Ceann Tìre en gaélico escocés) é unha península do oeste de Escocia, no suroeste do condado de Argyll e Bute. Ten unha lonxitude de aproximadamente 48 km, dende o Mull of Kintyre no sur (ao que Paul McCartney adicou unha coñecida canción en 1977), ata o to East Loch Tarbert no norte. A rexión lindeira con esta penínusla polo norte chámase Knapdale.

Xeograficamente, a península de Kintyre é alongada e estreita, xa que en ningún punto supera os 18 km de costa a costa. A parte central da penínusla está composta principalmente por páramos montañosos, mentres que as zonas costeiras e parte do interior están compostas por terras fértiles. Así pois, Kintyre foi unha zona de frecuentes asentamentos humanos, dende os primeiros escotos que migraron dende o Ulster ata o oeste de Escocia, ata os viquingos noruegueses que conquistaron a área cara ao ano 1000.

A localidade máis grande da zona é Campbeltown (a uns 9 km do Mull por estrada), que ostenta o título de "Burgo Real" dende mediados do século XVIII. A economía da zona baséase tradicionalmente na pesca e a agricultura, aínda que Campbeltown gañouse tamén unha reputación pola seu whisky de malte, en especial o seu premiado Springbank.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]