Kevin Mitnick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kevin Mitnick.

Kevin David Mitnick, nado en 1963 é un cracker estadounidense, que iniciou a súa carreira en 1980, cando só tiña 16 anos e conseguiu romper a seguridade do sistema informático do seu instituto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos anos 80 e a principios dos 90 fíxose famoso por realizar continuas invasións en ordenadores de universidades, empresas de informática e telecomunicacións, a NASA e mesmo o Departamente de Defensa dos EUA, conseguindo acceder a valiosa información confidencial.

As súas fazañas costaron moitos millóns de dólares ao Goberno dos Estados Unidos. Por este motivo, a súa foto chegou a estar na lista dos delincuentes máis buscados polo FBI, que o perseguiron durante tres anos ata que o detiveron en 1995.

Tras cumprir a condena no cárcere, foi posto en liberdade en xaneiro do 2000. Mitnik ten absolutamente prohibido o uso de ordenadores, teléfonos móbiles, televisores ou calquera equipo electrónico capaz de conectarse a Internet. Actualmente adícase a impartir conferencias e seminarios sobre Seguridade Informática.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]