Kelly Madison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kelly Madison 5a.JPG

Kelly Madison, nada o 26 de agosto de 1967 é unha actriz e directora porno estadounidense, sendo ben coñecida dentro do mundo da pornografía polos seus grandes seos naturais. É fundadora, xunto co seu marido Ryan, da produtora 413 Productions.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Madison era actor e figurante, e súa nai era contable; ten duas irmás maiores. É curmá da tamén actriz porno Janine Lindemulder. Inspirada pola carrera pornográfica da súa curmá, comezaron en Internet o negocio pornográfico coa súa web persoal, vencendo os problemas iniciais porque ela comezou tarde na pornografía, e ademais nunca posara espida.

Kelly Madison coñeceu o seu marido con 33 anos, sendo vicepresidenta de ventas e el un mozo deseñador gráfico de só 22. A pesar da diferenza de idade e de que ela estaba a piques de casar con outro home, acabaron namorando, fugándose para casar.