Kekāuluohi Likelike

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kekāuluohi Likelike
Princesa de Hawai
Likelike, photograph by J. J. Williams (PP-98-9.013).jpg
Nome completo Miriam Kapili Kekāuluohi Likelike
Nacemento 13 de xaneiro de 1851
Honolulu, Oahu, Flag of Hawaii.svg Hawai
Falecemento 2 de febreiro de 1887
(36 anos)
ʻĀinahau, Honolulu, Oahu,
Flag of Hawaii.svg Hawai
Sepultura Mausoleo Real de Hawai
Cónxuxe/s Archibald Scott Cleghorn
Descendencia Kaʻiulani
Dinastía Dinastía Kalākaua
Pai Kapaʻakea
Nai Keohokālole

Miriam Kapili Kekāuluohi Likelike, nada o 13 de xaneiro de 1851 en Honolulu, Oahu, e finada o 2 de febreiro de 1887 en ʻĀinahau, Honolulu, foi unha princesa de Hawai, irmá do rei Kalākaua. Foi a nai da princesa Kaʻiulani, a última herdeira ó trono de Hawai.

Traxectoria [editar]

En 1870 casou con Archibald Cleghorn, próspero home de negocios escocés asentado en Honolulu que foi nomeado gobernador de Oahu. O matrimonio mantivo unha relación de amizade con Robert Louis Stevenson que con frecuencia visitaba a súa residencia.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: