Kehkashan Basu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKehkashan Basu

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) كيخاشان باسو Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 2000 Editar o valor em Wikidata (23 anos)
Emiratos Árabes Unidos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDubai Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActivista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: kehkashanbasu Instagram: kehkashan5basu Editar o valor em Wikidata

Kehkashan Basu, nada o 5 de xuño do 2000, é unha activista medioambiental e dos dereitos humanos de Emiratos Árabes Unidos.[1] Tamén é embaixadora para a xuventude para o Consello para o futuro do mundo, asesora honoraria do Comité de ONG sobre Desenvolvemento Sustentábel, membro de KidsRights Youngsters, e gañadora do premio Internacional da Paz dos Nenos de 2016.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kehkashan naceu o 5 de xuño e vive en Dubai.[3] É a fundadora e presidenta de Green Hope, unha fundación para sostibilidade que educa e faculta a nenos e persoas novas globalmente, implicándoos no proceso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábeis (SDGs) a través de proxectos centrados na comunidade en xustiza climática, detendo a degradación da terra, promovendo o consumo sustentábel e as enerxías renovábeis, e consrevar a biodiversidade, así como a igualdade de xénero e a xustiza social. Actualmente con máis que 1000 membros en total, no Canadá, Suriname, o Oriente Medio, a India e o Nepal, a organización traballa mediante a realización de obradoiros e conferencias ao redor da aplicación dos SDG.[4][5]

En 2018 publicou o libro de historias curtas "The Tree of Hope", en colaboración coa ilustradora Karen Webb-Meek.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kehkashan Basu de EAU recibe Premio Infantil de la Paz 2016". 
  2. "2016 - Kehkashan Basu (16), UAE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de marzo de 2021. 
  3. "Kehkashan Basu's Story". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2020. Consultado o 17 de marzo de 2021. 
  4. "Kehkashan Basu, Founder, Green Hope Foundation" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2021. Consultado o 17 de marzo de 2021. 
  5. "Kehkashan Basu" (en inglés). 15 de agosto de 2018.