Kathleen Robertson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kathleen Robertson
Kathleen Robertson.jpg
Kathleen Robertson en 2007
Nacemento Kathleen Robertson
8 de xulio de 1973
Hamilton, Ontario, Canadá
Profesión actriz
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Kathleen Robertson, nada en Hamilton (Ontario) o 8 de xullo de 1973, é unha actriz canadense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa paixón polo mundo da actuación vénlle de moi nova. Con tan só dez anos díxolle a seus pais que o seu sono era adicarse á interpretación. A súa carreira deu os seus primeiros pasos na televisión e o cinema do seu país. Non obstante, durante unha viaxe a Los Angeles, para asistir a unha estrea, decidiu quedar e probar sorte nos Estados Unidos.

O seu debut na gran pantalla produciuse cunha pequena participación en Blown Away, en 1992; ao seguinte ano acudiu ao casting dunha serie que a fixo enormemente popular, Beverly Hills, 90210. Dende 1993 ata 1997 estivo a interpretar o papel de Clare Arnold na popular serie e logo comezou a adquirir sona polos seus papeis nos filmes de Gregg Araki.

A súa primeira colaboración con Araki chegou en 1997, cando lle deu o papel de Lucifer nun grupo de aburridos e excitados adolescentes de Los Angeles na película Nowhere. Actriz e director volveron traballar xuntos dous anos despois, cando Robertson protagonizou o centro dun triángulo amoroso en Splendor, unha homenaxe de Araki ás comedias románticas.

En 1999, Kathleen apareceu en Dog Park, outra comedia romántica, dirixida polo seu compatriota Bruce McCulloch e en Kids in the Hall.

En 2000 participou en dúas películas, por un lado Psycho Beach Party, e por outro Beautiful, o debut na dirección de Sally Field. Participou en Scary Movie 2, unha parodia de películas de terror dirixida por Keenen Ivory Wayans, pero despois retornou a territorios máis serios con XX/XY.

Pintar é un das súas afeccións, pero tamén lle apaixona a fotografía e visitar galerías de arte.

Está casada con Chris Cowles, ten un fillo (William, 2008) e reside en Los Angeles.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Losing Control (2010) .... Leslie
  • Not Since You (2009) .... Amy
  • Glitch (2008) (TV) .... Lee.
  • Player 5150 (2008) .... Ali.
  • The Terrorist Next Door (2008) (TV) .... Nicole.
  • Tin Man (2007) .... Azkadellia.
  • Hollywoodland (2006) .... Carol Van Ronkel .
  • The Business (2006) serie de TV .... Julia Sullivan.
  • Last Exit (2006) .... Beth Welland.
  • Law & Order: Criminal Intent (2005) TV Series .... Darla Pearson.
  • Control (2004) .... Eden Ross.
  • Until the Night (2004) .... Elizabeth.
  • Mall Cop (2004) .... Donna.
  • In the Dark (2003) (TV) .... Rachel Speller.
  • I Love Your Work (2003) .... periodista.
  • Girls Club (2002) serie de TV .... Jeanie Falls.
  • Torso: The Evelyn Dick Story (2002) (TV) .... Evelyn Dick.
  • Wilhelm, Wilhem, Where art Thou Wilhelm (2002) (TV) .... Prudence St. Claire.
  • XX/XY (2002) .... Thea.
  • I Am Sam (2001) .... Big Boy Waitress.
  • Scary Movie 2 (2001) .... Theo.
  • Speaking of Sex (2003) .... Grace.
  • Beautiful (2000) .... Wanda Love, miss Tennessee.
  • Psycho Beach Party (2000) .... Rhonda.
  • Splendor (1999) .... Veronica.
  • Dog Park (1998) .... Cheryl.
  • I Woke Up Early the Day I Died (1998) .... Ticket Girl.
  • Beverly Hills, 90210 (1994-1997) serie de TV .... Clare Arnold.
  • Nowhere (1997) .... Lucifer.
  • Burke's Law (1995) serie de TV .... Tracy Bird.
  • Heaven Help Us (1994) serie de TV.
  • In the Line of Duty: The Price of Vengeance (1994) (TV) .... Susan Williams.
  • The Hidden Room (1993) serie de TV .... Anne Morrison.
  • Survive the Night (1993) (TV) .... Julie.
  • Quiet Killer alias Black Death (1992) (TV) .... Sara Dobbs.
  • Liar's Edge (1992) (TV) .... Bobby Swaggart.
  • Lapse of Memory alias Mémoire Traquée (1992) .... Patrick.
  • Blown Away (1992) .... Darla.
  • Maniac Mansion (1990) serie de TV .... Tina Edison.
  • C.B.C.'s Magic Hour (1990) serie de TV .... Cynthia Bundy.
  • My Secret Identity (1988) serie de TV.
  • Left Out (1985).

Premios e nominacións[editar | editar a fonte]

  • Foi nominada para diferentes premios nos anos 1991, 1992, 2002 e 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]