Karekin Bedkjian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKarekin Bedkjian
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Istambul, Turquía Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónArcebispo Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónVazgen I (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Karekin Bedkjian, nado como Dikran Bedkjian o 12 de decembro de 1942 en Istambul (Turquía), é un arcebispo apostólico armenio, actual primado da diocese de Alemaña, baixo a Santa Sé de Etchmiadzin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dikran Bedkjian estudou na escola dos mequitaristas en Istambul, e en 1959 entrou no seminario de Üsküdar. Foi ordenado diácono en 1963, e o 25 de xullo de 1965 foi ordenado sacerdote célibe.[nota 1]

En 1991 o catholicos Vazken I convidouno a exercer o seu ministerio entre os armenios en Alemaña, e a dirixir os esforzos para crear unha nova diocese. O 31 de xaneiro de 1992 Karekin Bedkjian foi nomeado formalmente primado da nova diocese, e o 27 de setembro do mesmo ano Vazken I consagrouno bispo.

Durante a súa visita a Alemaña, o catholicos Karekin I elevouno a arcebispo cunha encíclica do 28 de maio de 1998.

Notas[editar | editar a fonte]

Notas
  1. Na Igrexa Apostólica Armenia os sacerdotes poden ser ordenados célibes ou, se levan un ano de matrimonio e teñen un fillo, casados. Os sacerdotes célibes, unha vez ordenados, non poden casar.
Referencias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Títulos relixiosos
Predecesor:
(creación da diocese)
 Primado de Alemaña 
1992 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)