Justo Prada López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJusto Prada López
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1882 Editar o valor em Wikidata
Vilamartín de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 1937 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Justo Prada López, nado en Vilamartín de Valdeorras o 7 de agosto de 1882[1] e finado en Xixón o 20 de novembro de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de mestre de primeira ensinanza elemental en Ourense en 1906.[2] Foi nomeado mestre de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) en novembro de 1923,[3] e despois foi mestre de Viloira (O Barco de Valdeorras) e Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Membro da Sociedad Agraria de Trabajadores do Barco de Valdeorras e militante do PSOE dende 1931. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao Comité Revolucionario de Vilamartín de Valdeorras facendo fronte á sublevación militar ata o 21 de ese cando escapou aos montes de León. Permaneceu no monte ata o 7 de agosto que chegou a Asturias por San Antolín de Ibias (Ibias). Foi cociñeiro das milicias ata que en novembro de 1936 se trasladou a Xixón reclamado como mestre. Estivo destinado na escola de Llorío (Laviana) e despois en San Ignacio de Ponga (Ponga). En febreiro de 1937 afiliouse á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza da UGT de Asturias e ao Partido Comunista de España. Logo da caída de Asturias en outubro de 1937 foi detido e condenado a morte en consello de guerra o 9 de novembro. Foi executado en Xixón o 20 de novembro.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 68. 
  2. La Correspondencia Gallega, 15-5-1907, p. 2.
  3. El Compostelano, 30-11-1923, p. 2.
  4. "Gallegos fusilados en Gijón.". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2022. Consultado o 20 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]