Justicia (Mondoñedo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Justicia

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeMondoñedo
Na rede
Galiciana: 3913
editar datos en Wikidata ]

Justicia foi un semanario editado en Mondoñedo entre 1921 e 1924.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Semanario que se publicaba os sábados, apareceu o 25 de xullo de 1921. Foi fundado e dirixido por José Ramón Villamarín Pallín. Cándido Carreiras era o redactor xefe e entre os seus colaboradores figuraron Antonio Noriega Varela, Eduardo Lence-Santar, Xosé Trapero Pardo e Manuel Rivas Seivane. Cesou a súa publicación en xuño de 1924 por desacordos entre os propietarios a causa da adhesión á ditadura de Primo de Rivera.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 2-7-1924, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]