José Ramón Villamarín Pallín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ramón Villamarín Pallín
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1881 Editar o valor em Wikidata
Cirio, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1967 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónperito agrícola , político , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Ramón Villamarín Pallín, nado en Cirio (Pol) o 13 de xaneiro de 1881 e finado en Mondoñedo o 1 de novembro de 1967,[1] foi un perito agrícola, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Perito agrícola instalado en Mondoñedo. Foi un dos líderes da Federación Mindoniense de Sociedades Agrarias Católicas xunto con José González Redondo e Antonio Maseda Bouso. Logo da destitución do alcalde José María Álvarez-Mon, foi nomeado alcalde de Mondoñedo por Real Orde a finais de outubro de 1920. En 1921 fundou o semanario Justicia. A principios de 1923 foi nomeado concelleiro e elixido primeiro tenente de alcalde.[2] Na República foi elixido concelleiro en 1931 pola Derecha Liberal Republicana. Foi presidente do Comité republicano progresista de Mondoñedo.[3] Suspendido como concelleiro, foi reposto no cargo en xuño de 1934.[4] Logo do triundo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi reposto como concelleiro e elixido alcalde de Mondoñedo o 4 de marzo.[5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto e trasladado ao Cárcere de Lugo. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión con José Sánchez Gacio, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Alfredo Martínez Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria o 10 de abril de 1938, foi condenado a 6 anos e 1 día de prisión.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Mondoñedo con Alicia Taladrid Pérez en 1912.[6] Foi padriño e pai adoptivo de Alicia Tella-Villamarín Ferreiro.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mondoñedo na Memoria 1920: Outubro
  2. Heraldo de Galicia, 13-5-1923, p. 6.
  3. El Pueblo Gallego, 28-2-1932, p. 9.
  4. El Compostelano, 19-6-1934, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 10-3-1936, p. 12.
  6. EL Regional, 19-12-1912, p. 2.
  7. El Progreso,13-11-1959, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pedreira, Ricardo (2006). Consejo de Guerra por Rebelión Militar. Mindonienses condenados en 1937. Mondoñedo: Asociación Amigos da Cidade de Mondoñedo. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José María Álvarez-Mon
 
Alcalde de Mondoñedo
 
1920 - 1921
Sucesor:
José María Álvarez-Mon
Predecesor:
Germán Rego González
 
Alcalde de Mondoñedo
 
1936
Sucesor:
Jorge González-Redondo Serrano