Juan Manuel Vidal Seage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Manuel Vidal Seage
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan Manuel Vidal Seage, nado en Padrón en 1970, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Residente en Pontecesures dende principios dos anos 2000, foi técnico de calidade e prevención na empresa Grúas Estación. Encabezou a candidatura do PPdeG en Pontecesures nas eleccións municipais de 2011 logrando 2 concelleiros por detrás dos 4 do BNG, polo que foi portavoz popular na oposición. Nas municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura do PPdeG e nesta ocasión foi a forza máis votada con 3 concelleiros, pero non logrou a alcaldía ao pactalo BNG con Terra Galega e o PSdeG. Tralo abandono do goberno de Terra Galega en xaneiro de 2016, en maio de presentou unha moción de censura xunto a Independentes de Pontecesures e o cabeza de lista de Terra Galega[1] e foi elixido alcalde[2]. No 2019 subeu a 4 concelleiros e acadou de novo a alcaldía, gobernando de novo con Terra Galega e os Independentes. Tralas municipais de 2023, pese a impoñerse de novo e subir a 5 concelleiros, o BNG e o PSdeG sumaron maioría e perdeu o bastón de mando en favor da candidata nacionalista Maite Tocino.


Predecesor:
Cecilia Tarela Barreiro
 
Alcalde de Pontecesures
 
2016 - 2023
Sucesor:
Maite Tocino

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]