Joseph Klausner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph Klausner

Joseph Klausner, nado en 1897 e finado en 1958, foi un político, prestixioso historiador xudeu e profesor de literatura hebrea. Procedente de Rusia, estudou Filosofía e linguas semíticas na Universidade de Heidelberg. Redactor xefe da Enciclopedia Hebrea e autor dunha Historia de Israel en catro tomos, desenvolveu un afervoado sionismo. Candidato á presidencia israelí foi vencido por Chaim Weizmann en 1949. Foi tío avó do escritor Amos Oz.