Joseph Cugnot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nicolas-Joseph Cugnot, nado en Void (Meuse), o 26 de febreiro de 1725[1] [2] e finado en París o 2 de outubro de 1804[3], foi un inventor francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Modelo automobilístico deseño de Cugnot, de 1771.

O goberno francés atribúelle a invención do primeiro vehículo autopropulsado, é dicir, do primeiro automóbil. Esta reclamación está disputada por varias fontes que suxiren en cambio que Ferdinand Verbiest, membro das misións xesuítas en China foi o primeiro en construír un coche a vapor por volta de 1672. En calquera caso, si parece que Cugnot ten sido o primeiro en transformar o movemento adiante-atrás dun pistón de vapor en movemento rotativo. Así, foi en 1769 cando conseguiu que funcionase unha versión do seu Fardier à vapeur, é dicir, o seu "Coche de vapor".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Registre de l'état civil de la commune de Void, p. 162.
  2. Menciónase ás veces a data do 25 de setembro de 1725 de xeito erróneo, en certas obras, a partir de mediados do século XIX.
  3. Le fardier de Cugnot descrición detallada na páxina da Société des Ingénieurs de l'Automobile (SIA)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Cugnot