Josefina Vilas Raña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosefina Vilas Raña
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de abril de 2002 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncociñeira Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Josefina Vilas Raña, nada en Santiago de Compostela o 17 de xaneiro de 1918 e finada na mesma cidade o 4 de abril de 2002, foi unha restauradora galega propietaria do recoñecido restaurante Vilas de Compostela.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A casa de comidas Vilas foi fundada en 1915 polos seus pais, e despois ela, segunda de sete irmáns, continuou o negocio familiar conseguindo unha gran sona nas guías gastronómicas a nivel nacional, e tamén polos clientes ilustres que comeron no seu restaurante.[1]

Casou con 18 anos de idade con Andrés Porto Seoane, co que tivo tres fillos, Xosefina (relixiosa), Moncho e Paco. Despois dela o restaurante foi dirixido polo seu fillo Francisco.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O restaurante Vilas pasou a ser un dos referentes da gastronomía galega grazas ó seu traballo, e por isto concedéronlle varios premios, entre os que se atopan a Medalla de Bronce de Galicia en 1991, a Medalla de Ouro da Cidade de Santiago de Compostela, a medalla do mérito turístico e o título de Gran Cociñeira do País Galego da asociación Amigos da Cociña Galega.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 “Vilas Raña, Josefina”, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]