Josef Marchet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosef Marchet
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1902 Editar o valor em Wikidata
Gemona del Friuli, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de maio de 1966 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Udine, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1966)
Reino de Italia (1902–1946) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , etnólogo , poeta , historiador , filólogo , historiador da arte , sacerdote Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Josef Marchet, nado en Glemone o 23 de xullo de 1902 e finado en Udine a 8 de maio de 1966, foi un sacerdote, lingüista e escritor friulano.

Vida[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Udine e en 1925 foi consagrado sacerdote proseguindo os seus estudos de literatura clásica e moderna na Universidade Católica de Milán, licenciándose en 1935 e marchando logo a Abisinia como capelán militar. Tras volver ó Friuli ensinou no Seminario de Udine ata que en 1944 as autoridades desterrárono. Tras a guerra inspira o grupo poético La Risultive formado en 1949 e convértese no gran sostedor e teórico da autonomía friulana, reivindicando a lingua friulana como un medio de comunicación moderno.

Foi un dos fundadores e director do semanario La Patrie dal Friûl, o único periódico escrito integramente en friulano. Desde 1961 foi tamén tamén director da revista literaria Sot la nape; é tamén o autor da primeira gramática da lingua friulana.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Lineamenti di grammatica friulana (1952)
  • La scultura lignea in Friul (1956)
  • Letaris ai furlans (1966 i 1991)
  • Le chiesette votive del Friuli (1971 e 1982)
  • Cuintristorie dal Friûl (1974)
  • Lis predicjis dal muini (1975)
  • I lunaris di pre Bepo (1976)
  • La Patrie (1976)