José Vizoso Vizoso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 Alfoz, España |
Morte | agosto de 2003 (88/89 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
José Vizoso Vizoso, coñecido como o mestre do Condado, nado en Alfoz cara a 1914 finado na Coruña en agosto de 2003, foi un mestre e político galego.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Republicano e socialista. Mestre do Cadramón (O Valadouro). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído. Restituído, en novembro de 1939 foi nomeado mestre de Rúa (Cervo).[2] En decembro de 1942 foi nomeado mestre interino en Foz como ex-combatente.[3] Exiliouse durante uns anos no Brasil. Nos anos cincoenta impartiu clases particulares na que deron en chamar Escola do Condado, na parroquia de Lagoa (Alfoz). A academia converteuse nun centro de ensino prestixioso e permaneceu nos anos sesenta.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BNG reclama no Valadouro homenaxes ó “mestre do Condado” e “o médico dos pobres”
- ↑ El Correo Gallego, 25-11-1939, p. 3.
- ↑ El Progreso, 24-12-1942, p. 2.
- ↑ El Progreso, 15-3-1964, p. 7.