José Toba Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Toba Fernández
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Muxía, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de setembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , pedagogo , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Toba Fernández, nado en Muxía o 8 de setembro de 1904[1] e finado na Coruña o 5 de setembro de 1963,[2] foi un mestre e pedagogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de mestre en 1925. Foi mestre interino en Merexo e despois titular de Sillobre. Foi mestre da escola de Callosa d'en Sarrià (Alacant) e en xuño de 1934 conseguiu a praza de profesor da Escola de prácticas anexa á Escola Normal de Santiago de Compostela. O 21 de xaneiro de 1935 foi nomeado profesor de Pedagoxía na Normal. Publicou en 1927 unha colaboración na revista Alborada de Buenos Aires e en 1935 o ensaio Problemas que nos plantea la escuela y el niño de Galicia.[3] Militante galeguista, co triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu depuración e foi sancionado coa separación definitiva en 1937. Reingresou no Maxisterio en 1949 e foi director do Grupo Escolar Concepción Arenal da Coruña. Tamén foi armador do pesqueiro Aguete.[4] Finou na Coruña con 58 anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Sofía Pérez Sobral.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 82. 
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-9-1963, p. 14.
  3. Encarte publicado no interior do número 8 do Boletín de Vanguardia Pedagógica
  4. La Voz de Galicia, 8-9-1963, p. 19.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

José Toba Fernández na páxina web Nomes e Voces.