José Rodríguez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Rodríguez López
Biografía
Nacemento11 de abril de 1910 Editar o valor em Wikidata
Mariz, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 2004 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata

José Rodríguez López, coñecido como José de Arxeriz e Pepito Mantequillas, nado en Pousada (Mariz, Chantada) o 11 de abril de 1910 e finado en Lugo o 17 de abril de 2004, foi un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño de Juan López Suárez, con quen pasou varias tempadas en Lamaquebrada e Arxeriz. Estudou no Seminario de Lugo e cara 1930 abandonouno e asistiu a cursos sobre lácteos, apicultura, avicultura e viño, para comezar o seu traballo no pazo de Arxeriz. Fundou a empresa Arjeriz, que despois foi coñecida como LARSA, e creou tres fábricas en Vigo, Chantada e Vilagarcía. Tamén foi impulsor de Tablicia de Nadela. Contribuíu á construción do Gran Hotel de Lugo. Mercoulle o pazo de Arxeriz ao seu tío en 1970. En 1985 o seu sobriño Xosé Soto comproulle a granxa de Arxeriz e negociou a instalación dunha escola-obradoiro que funcionou de 1993 a 1996. Finou en Lugo o 17 de abril de 2004.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Concedéronlle a Medalla de Prata de Galicia en 1997.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia,18-4-2004, p. 52.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]