José Rey Busto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Rey Busto
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1875 Editar o valor em Wikidata (149 anos)
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor em Wikidata

José Rey Busto, nado en Ortigueira o 4 de marzo de 1875, foi un enxeñeiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Rey Calvo e Ventura Busto. Fixo o Bacharelato na Coruña. Estudou na Academia de Artillaría e saíu como tenente en 1898 sendo destinado ao Rexemento 3º de Montaña.[1] Tenente de Artillaría destinado no Rexemento de Artillaría de Sitio (Segovia), foi dado de baixa no Exército e procesado por abandono de destino en 1901.[2] Enxeñeiro de camiños, canles e portos. Dirixiu a construción de varios ferrocarrís en Cuba.[3] Dirixiu as obras do Metropolitano de Nova York.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Segovia con María Matesanz Gil en 1899.[5] Volveu casar con Araceli Pravio e foi pai de Jorge, Alfredo e Margot Rey Pravio, que casou en 1926 con Felipe Hermida Pérez.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Correspondencia Gallega, 26-5-1898, p. 2.
  2. Diario Oficial del Ministerio de la Guerra, 30-3-1901, p. 931.
  3. Diario de la Marina, 13-10-1909, p. 4.
  4. El Ideal Gallego, 26-1-1926, p. 3.
  5. La Voz de Galicia, 9-7-1899, p. 2.
  6. El Compostelano, 3-2-1926, p. 2.