José Eiroa Mosquera
(Redirección desde «José R. Eiroa Mosquera»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Ferrol, España |
Morte | 9 de novembro de 1937 (29/30 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
José Ricardo Eiroa Mosquera, nado en Ferrol cara a 1907 e finado no mesmo concello o 9 de novembro de 1937, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Empregado da Constructora Naval. Foi presidente do Partido Republicano Radical Socialista de Ferrol. Foi redactor xefe da revista Maruxa, colaborou en El Pueblo Gallego e dirixiu o semanario Renovación. Foi secretario de Unión Republicana de Ferrol e asistiu ao Congreso do partido celebrado en Madrid en outubro de 1935.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa do seu sogro. Descuberto en marzo de 1937, foi detido e xulgado en Ferrol por rebelión militar con Alfonso de Cal Fernández, sendo condenado á pena de morte. Foi executado en Ferrol no Arsenal o 9 de novembro de 1937.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Libertad, 5-10-1935, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Suárez, Xosé Manuel (2003). República e Guerra Civil en Ferrol. Ferrol. pp. 199–201. ISBN 84-7492-489-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Eiroa Mosquera na páxina web Nomes e Voces.