José Pedreira Burés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 (113/114 anos) Avellaneda, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Mecánico , político |
José Pedreira Burés, nado cara a 1910 en Avellaneda (Arxentina), foi un mecánico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro e tenente de alcalde de Noia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu dende Muros nos bous "Santa Eulalia" e "Santa Rosa" cara Bilbao. Combateu no exército republicano. Prisioneiro de guerra, foi enviado a un batallón de traballadores en Cádiz. Xulgado na Coruña por rebelión militar foi condenado a pena de morte, conmutada por cadea perpetua. Instruíronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[1]