José Novás Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Novás Soto
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Mañón, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
Mañón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata

José Novás Soto, nado en Mañón cara a 1907 e finado no mesmo concello o 27 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando a carreira en 1927.[1] Foi nomeado mestre interino das Pontes de García Rodríguez en 1927,[2] da escola de Mañón en 1929,[3] e da de Santaballa (Ortigueira) en 1932.[4] Militante da UGT. En 1936 era mestre de San Claudio (Ortigueira). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi destituído como mestre en agosto.[5] Foi asasinado polos franquistas o 27 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada a mans da "Fuerza Pública".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 30-5-1927, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 3-9-1927, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 24-4-1929, p. 8.
  4. El Ideal Gallego, 10-4-1932, p. 5.
  5. Boletín oficial de la Provincia de La Coruña, 21-8-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]