José Neira Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Neira Vidal
Biografía
Nacemento7 de maio de 1895 Editar o valor em Wikidata
Lalín Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , empresario Editar o valor em Wikidata

José Neira Vidal, nado en Lalín o 7 de maio de 1895 e finado en Buenos Aires, foi un avogado e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou cos seus pais á Arxentina en 1907. En Buenos Aires estudou o bacharelato e fixo Procuración. Foi funcionario de Correos e Telégrafos e traballou como secretario dun avogado. En 1928 foi designado Apoderado General de la Municipalidad de la Ciudad de Buenos Aires. Foi secretario da Agrupación Artística Gallega, secretario e presidente, durante once anos, da sociedade Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires. Secretario do Centro Gallego de Buenos Aires, foi elixido presidente pola candidatura republicano-galegista en 1938, desempeñando o cargo ata 1941. Volveu presentarse á presidencia do Centro Gallego en 1950 encabezando a candidatura das agrupacións Celta e Unión Gallega, que foi derrotada pola de Javier Vázquez Iglesias.[1] Amigo de Luis Seoane, a quen nomeou director de Galicia, de Jiménez de Asúa e de Castelao.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Joaquina Martínez e foi pai de Ilda Delia (nada en 1925)[2] e José Carlos Neira Martínez (nado en 1929).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 10-11-1950, p.4.
  2. El Heraldo Gallego, 8-2-1925, p. 2.
  3. El Correo de Galicia, 24-11-1929, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]